SÁBADO 10 ÁS 19,00
COLEXIO H. JUANES (VILAMEÁN)

Lisardo Núñez Pardo de Vera é o avogado que vai intervir o próximo sábado dentro das Xornadas de Urbanismo de Nigrán que organizan varios colectivos deste concello do Val Miñor.

O título da súa intervención: "ASPECTOS LEGAIS DA XESTIÓN DO SOLO"

Lisardo Núñez Pardo de Vera é Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. Realizou cursos de Técnico Inmobiliario; de Dereito Internacional Humanitario; de Aspectos Urbanísticos do Turismo. Participou en Xornadas de Cultura Europea, de Investigación e Innovación Educativa, e na Semana de Medio Ambiente da Universidade de Santiago.

Dicta varios cursos sobre a Lei de Protección de Datos e realiza traballos de xestión do solo.

A súa intervención vai versar sobre: Normativa aplicable nas xestión do solo; Lexislación en materia de planeamento (Plans Xerais, Plans Parciais, Plans Especiais); e sobre Sistemas de execución do planeamento.

Dado o enorme interese desta temática, as entidades organizadoras animan á veciñanza de Nigrán a acudir a escoitar esta charla e a participar activamente no coloquio que a continuación se realizará co conferenciante.

É esta a segunda sesión destas Xornadas de Urbanismo de Nigrán que, con gran éxito de contidos e de participación, deron comezo o pasado sábado.

Nigrán, a 9 de marzo de 2007

Enviar comentario
Comentarios
10 de marzo do 2007 01:15, por Antia

Quen se anima a vir e grabalo?Eu poño coche!

Categorías
Antía