Hybrid Playground
sábado, 30 de agosto do 2008, por Asintomatic.
categorías: Videoxogos

O proxecto Hybrid Playground consiste na creación dun novo entorno de xogo para o desenvolvemento de experiencias lúdicas interactivas no escenario dun parque urbano.

Mediante un sistema de sensores de fácil instalación e invisibles para os nenos, os elementos do parque convértense en elementos interactivos que nos permiten obter datos que son analizados e transformados para formar parte da dinámica do xogo. Estes datos, asi como as instrucións de xogo, preséntanse mediante uns dispositivos adaptados a un brazalete que os nenos levan mentres xogan.

Deste xeito os nenos xogan a un videojuego mentres utilizan os elementos do parque como sempre o fan, é dicir, tirandose polo tobogán, columpiandose, correndo, etc..

O obxectivo último desta proposta é o de achegar as experiencias de xogo interactivo (que normalmente ocorren diante do ordenador ou a consola en lugares privados) ao espazo público e deste xeito animar aos nenos a xogar na rúa, gozando dos beneficios vinculados ao aire libre, o exercicio físico e o contacto con outros nenos.

Esta proxecto esta realizado por Clara Boj e Diego Diaz coa colaboracion de Martin Nadal e pode verse nestes dias en Ars Electronica Linz.

+info:

Articulo no Pais

Articulo Arduino Blog

Hybrid Playground
Enviar comentario
Categorías
Asintomatic