I Encontro alg-a.05
xoves, 30 de decembro do 2004, por nautile.

Recarga de botellas de O2.
Recarga de baterias.

Días 7 e 8 de Xaneiro 2005

Búscanse supervivintes para o primeiro Encontro Alg-a.05 nas profundidades da Serra de San Mamede (Ourense).
A reunión será nunha paraxe excepcional: o Centro de Educación Ambiental “As Corcerizas†, unha instalación “intelixente†que se autoalimenta de enerxías renovabeis, a uns 60 kms. de Ourense.
Un exemplo do que podería ser a tónica dominante na construcción medioambiental en Galicia.

Organismos alg-a desexosos de percepción sensorial, este é o momento de intercambiar estímulos!!! Convocatoria aberta!!!

Detalles técnicos:

Lugar de converxencia: OURENSE Entrada da estación de autobuses.
Data: 07 de Xaneiro 12.00 horas.

Coordinador: Isaac
Reply-to: "Isaac-cordal"

Inmersión a San Mamede

Prezo das instalacións:

Centro de Educación Ambiental “As Corcerizasâ€
USO DAS INSTALACIÓNS DO ALBERGUE (sen i.v.e.)

Prezos:

Durmir* xeral 7,25 € noite
Voluntarios 4,00 € noite
Socios 2,00 € noite
   
Leña para cheminea ou grella 15,00 €
Opción Calefacción: 32 € grupo


Instalacións disponibeis:

- Cuartos de baño para mulleres e homes (adaptación para discapacitados)
- Salón social con cheminea.
- Cociña de acceso libre para pequenas comidas.
- Habitacións comúns con liteiras con capacidade para 36 persoas
(2 camas adaptadas para discapacitados)

* inclúe auga quente pero non calefacción. Se alguén o
necesita hai mantas, pero non sabas nin toallas.

IMPORTANTE Material individual en previsión:

- Roupa de abrigo. [...as fotos foron tomadas no verán]

- Saco de durmir.

- Papeo [1] para dous xantares, un almorzo e unha cea.

- Calzado [2] tipo bota de montaña.

- Toda a cacharrada que queiras levar...

[1] Se nos xuntamos máis de 30 o albergue ofrece servizo de comida e comedor.
A mediados da semana que ven informaríamos do cupo de organismos alg-a e prezos do comedor sendo o caso.

[2] Se o tempo o permite faremos un pequeno roteiro pola zona.

Programa [30 horas alg-a]:

Día 7 de Xaneiro.

12.00 Converxencia. Saída para San Mamede desde Ourense.
13.30 Chegada ao albergue. Presentacións.
14.30 Xantar colectivo.
16.30 Visita guiada a todas as instalacións do centro e arredores.
18.00 Xornadas de intercambio, traballo e comunicación alg-a.
22.00 Cea colectiva.
23.30 Distendimento.

Día 8 de Xaneiro.

09.30 Almorzo colectivo.
10.00 Pequeno roteiro no entorno de San Mamede.
14.00 Xantar colectivo.
16.00 Conclusións e remate dos intercambios alg-a.
18.00 Remate e clausura do encontro.

Nota: este programa poderá ter algúns axustes dependendo do número de organismos alg-a, do tempo e de outros parametros variabeis, en todo caso as modificacións serán notificadas nesta mesma nova.

[+ info] Centro de Educación Ambiental "As Corcerizas":
PDF
[689 KB] Centro As Corcerizas

PDF
[521 KB] Centro As Corcerizas Bioconstrucción

I Encontro alg-a.05
Enviar comentario
Comentarios
29 de maio do 2006 10:38, por berio

Dioosssssssssss!!

Que boa pinta!
Eu levo unhas cervezas!

Berio

29 de maio do 2006 10:38, por isaac-cordal

Levade os portables nenos que a montamos. Féliz ano a tod@s

29 de maio do 2006 10:39, por ig

mimaaaaa as vacas da foto van tolear ig

.