I Feira Imaginária Contemporánea
xoves, 26 de agosto do 2010, por madamme.

I fEIRa iMAXInARIa cONTEMpORÁNEa

do 2 ao 5 de setembro 2010
aLG-a lAb vALADAREs (vIGo)

Residencia colectiva para compartir liñas de investigación e pensar alternativas de produción cultural das comunidades Alg-a, Universidade Invisíbel, Olholivre e Ergosfera. O encontro convértese así nun Foro de Autoxestión aberto a todas as persoas interesadas..

eNtRAda de balde
ZonA DE aCAmPAdA
coMIda e aSEo pola zona a baixo prezo
baR e Jam Dixital tódolos días

máis iNFo

tf cONTacto 600708450 / 679919307

stream en directo durante a Feira:

http://giss.tv:8000/feiraimaxinaria.ogg

convivencia antropoloxía imaxinaria software libre
ruidismo performance streaming construcción de hábitats sonoros construcción de enxendros sonoros

A I Feira Imaginária Contemporánea xorde como evento que reúne diferentes proxectos culturais nun espacio de encontro e desenvolvemento: o Alg-a Lab de Valadares os días do 2 ao 5 de setembro 2010. A Feira proponse como microplataforma de produción/consumo cultural, na que se destaca o carácter independente e contemporáneo da creación.

A Feira ofrece un modelo de autoxestión no que os diferentes asociacións, creadores independentes e interesados en xeral poden desenvolver o seu traballo. É o resultado dun proceso de decisión e inversión cooperativa d@s participantes na procura de solventar as condicións precarias nas que se atopan.

A Feira aspira a crear a conxuntura que xere un salto cualitativo no tecido creativo e cultural dunha zona relativamente determinada: a comunidade galega, ou máis especificamente, en torno ao seu eixo atlántico e/ou o seu imaxinario luso-atlántico.

A súa vez, a Feira plantéxase como espacio de convivencia: entre o tradicional e o contemporáneo, entre a tecnoloxía e a ecoloxía, entre o rural e o metropolitano. Que aspectos de cada un permanecen, subsisten e resisten no outro? De que maneira poden resoar ambos paradigmas e pechar un mesmo circuito? Isto dá lugar ao que chamamos antropoloxía imaxinaria.

A Feira cuestiona porén a forma de producir, usar e consumir cultura. Achega o limite que separa a Teoría do espectáculo, @ creador@ d@ consumidor@, reformulando o sentido d@ usuari@ cultural e a súa potencia xerativa; incidindo na necesidade dunha formación continua para garantir o resultado de todo producto cultural e incluso da cultura como producto.

Enviar comentario
Comentarios
27 de agosto do 2010 08:40, por mdmme

eiquí tedes info máis entrañable (de entraña) do processo

https://we.riseup.net/feiraimaginaria

31 de agosto do 2010 03:15, por man_hauser

onte foi á noite o despilfarro de cartos por parte do concello de turno en foguetes artificiais e demais pirotecnia varia e sofisticada en Valadares. Todo un luxo (ainda que tamén, polo mesmo, polo despilfarro, algo bastante miserable). Aquí estabamos algúns preparando a FEIRa e flipamos POR CORES ante o desprego de medios. O certo é que caían as estrelas do ceo; algo que literalmente se asocia coa ESCATOLOXÍA do XUIZO FINAL. Polo que senón fóra polo despilfarro e a opulencia técnica do evento poderiamos afirmar que nos atopabamos ante algo relativamente pagano. En todo caso, aí pensando, pensando... xa se nos ocurriu que para unha próxima posíbel FEIRA IMAXINARIA xa temos data oficial de comezo. Será coa arroutada esta dos lumes artificiáis que de paso que anuncian o final de san campio dan comezo á FEIRA e nós temos para a FEira todo ese delirio cromático e sonoro no ceo e no val de Valadares. Que por certo, verdadeiramente facía estruendo todo o son dos petardos reverberando entre as montañas de valadares e se sentía chegar o rumor dende atrás ao tempo que as cores diante e sobre nós... Din que Leonardo da Vinci facía tamén de escenógrafo real e preparaba pirotecnias máis artesanais que estas no que sería o comezo do teatro e a fantasía barroca como máquina imaxinaria.

9 de setembro do 2010 02:39, por man_hauser ii

seica este post posto en ERGOSFERA é como para dar qué pensar á comunidade alg-a así como para usuari@s do alg-a lab. Apertas e parabens polos recoñecementos.

http://ergosfera.org/blog/?p=1545