I Festival Vibracional TPS
venres, 29 de maio do 2009, por Berio Molina.

Xesús Valle envíanos esta información sobre o Festival Vibracional TPS:

Ola a todas, todos, enviamos a información do I Festival Vibracional TPS de música improvisada que terá lugar en Santiago de Compostela durante a seguinte fin de semana, entre o xoves 4 e o domingo 7, ambos incluidos.

O festival inclúe a participación de trinta músicos procedentes de Cataluña, Portugal, Francia, Austria e Galiza. Catro días consecutivos, sete espazos diferentes da cidade e nove concertos en total nos que, como sempre, agardamos o voso apoio tanto na difusión como na asistencia aos diversos eventos programados nas prazas públicas, na Sala Nasa, no CGAC, (Centro Galego de Arte Contemporánea) ou no Salón Teatro.

Consulta o programa do festival no seguinte pdf:

PDF - 340 KB
Programa festival vibracional

I Festival Vibracional TPS

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina