II SEMINARIO GALEGO DE ETNOGRAFÍA
venres, 11 de maio do 2007, por Isaac Cordal.
categorías: Obradoiros

O CAT, Centro de Artesanía Tradicional dependente da Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, leva desenvolvendo dende a súa creación en 1999 un ambicioso programa de protección, recuperación e difusión do patrimonio etnográfico, atendendo con especial atención á artesanía tradicional. Unha das súas prioridades é a de achegar a toda a cidadanía os valores deste patrimonio, o cal, en moitos casos, está a piques de desaparecer.

Despois do éxito de participación do I Seminario, no que Felipe-Senén López Gómez disertou sobre a Linguaxe dos Símbolos na Cultura Galega, nesta edición de 2007 o doutor en Antropoloxía Social José Antonio Fidalgo Santamariña, nos achegará os días 2, 9 e 16 de xuño aos saberes dos nosos devanceiros a través dos seus oficios e habilidades tradicionais.

O seminario e gratuíto e con prazas limitadas, polo que é necesario inscribirse. O prazo de inscrición remata o vindeiro 30 de maio, establecéndose unha rigurosa orde de entrada das solicitudes.

Folleto seminario

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal