Os días 16, 17 e 19 de outubro, celebraránse no CGAC as III Xornadas da paisaxe Paseantes, viaxeiros e paisaxes dirixidas polos profesores da USC María Luisa Sobrino Manzanares e Federico López Silvestre.
Entre moitos dos poñentes atopamos a Juan-Gil López membro de escoitar.org que falará dende o título: O Soundwalking.Do paseo sonoro in situ á escoita aumentada.
As solicitudes de inscrición pódense presentar até o 15 de outubro por fax,
correo electrónico, a través da páxina web ou ben na recepción do CGAC
indicando nome, teléfono e enderezo postal e electrónico.
Fax: 981546605
Tlf: 981546602/23
Email: cgac.educacion@xunta.es
Web: www.cgac.org

.