III Xornadas de Arte de acción. BBAA. Pontevedra.
domingo, 5 de novembro do 2006, por Isaac Cordal.
categorías: Axenda

III Xornadas de Arte en acción “Chámalle X”
Terán lugar os días 7, 8 e 9 de novembro na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Temos de novo connosco as xornadas de acción que organiza Carlos Tejo. A Sala X convirtese novamente nun referente e reflexión sobre a acción na súa proposta máis artística. Destacar entre os participantes a Roi Fernández, organismo alg-a, o noso queridoSr.pause. Alí estaremos...

[Txt do DUVI]. A exposición “Chámalle X”, que este ano acada á súa terceira edición, pretende realizar un achegamento aos artistas galegos da disciplina das accións, é dicir, creacións na que o centro da obra é o propio autor relacionándose cos espectadores nun tempo e espazo concretos. As creacións executaranse durante os días 7, 8 e 9 de novembro na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

As xornadas comezará coa presentación dos participantes do ciclo “Arte no parque”, desenvolvido durante o mes de agosto polo Centro Galego de Arte Contemporáneo. Os autores tratarán de achegar a súa visión sobre as accións levadas a cabo dentro da iniciativa, consistente na interpretación das mesmas no parque de Bonaval, en Santiago de Compostela. A continuación Andrés Senra amosará a súa performance “A tempestade” na sala de exposicións.

Unha mesa redonda en torno á figura de Pedro Garhel, un dos pioneiros no arte multimedia en España e falecido o ano pasado, inaugurará o programa do martes día 8. Na charla intervirán a artista Rosa Galindo e os comisarios de exposicións Karin Ohlenschläger e Fernando Suárez. Posteriormente terán comezo diferentes performances dos autores Ana Gil, As Tres Marías, Roi Fernández e María Cosmes.

A xornada de clausura principiará coa presentación da acción “Internet sen ordenador”, realizada por Juan Lesta e Belén Montero, integrantes do grupo DSK. O resto do programa estará composto polas performances de David Pérez, Hilario Álvarez, Rosa Galindo e Juan Hidalgo. Consulta o .pdf informativo.

Enviar comentario
Comentarios
7 de novembro do 2006 05:13, por nela que

moitisima enerxia roi.que todo te sai bem...ou como ti queiras.........

Categorías
Isaac Cordal