ILIOS - 8 de Xullo en ArtEx Sonora
martes, 6 de xullo do 2010, por Alejandro Durán.

ILIOS - "TELOS"

8 Xullo as 22:00 no Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MACUF) de A Coruña

siteilios.gr/

antifrost.gr/

Dimitris Kariofilis (ILIOS) é unha das máis coñecidas figuras dentro do panorama internacional da arte sonora. Durante os últimos 17 anos ILIOS gravou traballos en estudo e actuou en directo compartindo proxectos e escenario con artistas como: Francisco Lopez, Jason Kahn, Keiichiro Shibuya, Michael Gendreau, Coti K, Xabier Erkizia, Julien Ottavi, Bernd Schurer, Ralph Steinbruechel, Thurston Moore, Mattin...

En 1997 crea Antifrost, selo independente especializado en música experimental que conta no seu catálogo con máis de 40 edicións.

Dende o ano 2001 ocúpase da organización e comisariado do festival anual Electrograph – Athens Sound Media, festival de arte sonora de Atenas. É tamén fundador e co - director do proxecto de investigación e documentación sobre creación sonora experimental [Un] Common Sounds e tamén fundador co-fundador e co - director de Medios Sonoros Santander, festival de arte sonora de Santander.

No tocante á a súa identidade sonora ILIOS desenvolveu un código de expresión propio no campo da arte audiovisual. A súa proposta abarca unha extraordinaria paleta sonora que sorprende en cada proxecto polo uso dun rico espectro sonoro en que se abarca desde o silencio ata o ruído.

TELOS é unha performance na que se proxectan vídeos baseados no inesperado e establecese unha estreita relación co espazo e as condicions arquitectónicas.

A percepción dun son poderosamente físico non chega só a través dos oídos, senon tamén a través dol resto do corpo.

Foi previamente presentada en eventos e espazos como Art Basel asilea, Suiza), San Francico Arts Institute (San Francisco, EE.UU.), Club Transmediale (Berlín, lemania), Tokyo Art University (Tokyo, Japón), Arteleku (San Sebastián, España), Musée des aux-Arts (Nantes, Francia), National Museum of Fine Arts (Taipei, Taiwan), ARKO (Seúl, Corea), Warsaw Contemporary Culture Centre (Varsovia, Polonia) y muchos más.

ILIOS "TELOS" Xoves 8 de Xullo as 22:00 no Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MACUF) de A Coruña

Entrada de balde!!
www.artexsonora.org

Enviar comentario
Categorías
Alejandro Durán