IN-SONORA, IV mostra de arte sonora e interactivo

Un ano máis chega IN-SONORA, un punto de encontro, non só para os amantes do son e a interacción, senón para todos aqueles interesados nos terreos híbridos da arte.

IN-SONORA IV apostou polos artistas e por ampliar o circuíto de espazos para así ofrecer a cada proxecto a cobertura necesaria, contando con centros de arte independente, municipais e privados.
Un total de 10 sedes que acollerán a máis de 50 artistas nacionais e internacionais, así como 4 talleres gratuítos que permitirán a todos participar na mostra. Nese sentido estarán os nosos paisanos de Escoitar.org impartindo o curso Taller Son e Poder. Tecnoloxías de control social co son en Intermedae Matadero Madrid.

IN-SONORA IV realizarase entre os meses de outubro e novembro de 2008 en:
Centro Hispano-Colombiano Cruce Espazo f Espazo Menosuno I.E.D Madrid I.E.D Master Intermediae Matadero Madrid Medialab Prado Off Limits YOPoArt.

Consultar programa en PDF
Web In-sonora

IN-SONORA, IV mostra de arte sonora e interactivo
Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal