INTERACTIVOS? 08 / EYEBEAM (NY)
sábado, 12 de abril do 2008, por Asintomatic.
categorías: Convocatorias

Interactivos?08 este ano vai ter lugar, ademáis de en Madrid, en New York e México.

Xa está aberta a convocatoria para poder presentarse o de NY que se levará a cabo no Eyebeam. Art Technology center do 26 de Xuño ata o 12 de Xullo.

Baixo o titulo “Better than the real thing” o tema proposto para os proxectos terá como obxetivo a exploración das tensións desenvolvidas entre o “real” e o “falso” dentro do terreo dixital.

Dado que o Eyebeam ten interese en dar soporte a traballos que centren a súa investigación na arte urbana e a tecnoloxía, nesta convocatoria anímase especialmente a presentar propostas que se plantexen novas formas de pensar o “espazo publico” e cuestionen os seus limites a partir do tema da convocatoria.

A tódolos participantes seleccionados se lles cubrirá o billete de avión e a residencia o longo das duas semanas .

Prazo :25 de Abril.

Enviar comentario
Categorías
Asintomatic