IV FESTIVAL DE CANS
sábado, 3 de marzo do 2007, por isaac-cordal.

A Asociación Cultural Arela abre o prazo de admisión de curtametraxes para a súa selección para participar na IV edición do Festival de Cans.

As bases son as seguintes:

1. As curtametraxes que se presenten deben ser producións galegas dos anos 2005, 2006 ou 2007.
2. Admítense curtametraxes de ficción, de animación e documentais.
3. A duración non superará os 25 minutos
4. As curtametraxes deben enviarse antes do 15 de marzo de 2007 á seguinte dirección:

Asociación Cultural Arela
Aptdo. de Correos 232
C.P. 36400 O Porriño (Pontevedra)

5. As curtametraxes enviaranse en DVD e acompañaranse dunha ficha técnica da curtametraxe e dúas imaxes dixitais en formato JPG:
a) un fotograma
b) un cartel
6. As curtametraxes seleccionadas serán exhibidas no IV Festival de Cans, que se desenvolverá en maio de 2007.

.