Illustrationmundo
mércores, 2 de abril do 2008, por Asintomatic.
categorías: Comunidades

Illustrationmundo é unha comunidade de ilustradores de todo o mundo. Nela, podes amosar os teus traballos, estar ó dia de eventos relacionados,ler entrevistas, participar en foros ou acceder a links.

Este portal ten moito movemento e dáche a posibilidade de dar a coñecer o teu traballo e promocionalo.
Ademais, dá moi bos consellos para ilustradores noveis. Entre as súas seccións, ten unha dedicada a "Preguntas e respostas" onde diferentes ilustradores, editores, e outros profesionais da industria axúdanche a dar solución a moitos dos problemas que che atopas dentro da profesión.

Aquí podedes ver un vídeo explicativo de como funciona a web e como se pode participar. Entre os requisitos que che piden para formar parte da páxina está a de ter unha web propia e que non haxa publicidade.

A Ilustración que subín é de Catalina Estrada, na miña opinión unha das ilustradoras mais interesantes do momento. Aquí podedes podedes ler unha entrevista.

Enviar comentario
Categorías
Asintomatic