¡¡Imos comer a Monteferro!!
mércores, 9 de maio do 2007, por Antia.

Comilona: 13 de maio ás 14,00 h.En Monteferro, Nigrán.
Este domingo fará xustamente un ano que entregamos 10.000 firmas contra aquel proxecto de vial que hoxe, afortunadamente,está retirado.
Como ben sabedes, despois de aquel acto reunímonos no monte
nunha comida campestre alegre e primaveral. Tan alegre, que alí
mesmo xurdiu a idea de reeditala nos anos vindeiros.
E alí volveremos, coas gaitas e os tambores, coa alegría renovada
e a esperanza engrandecida.
Non faltes, que temos o teu sitio reservado. Trae o bocata, a tortilla
ou a empanada, que a festa está preparada e todo o mundo avisado.

Via : Salvemos Monteferro

.