Gloria Heldmound é un espazo expositivo experimental, definido polo traballo dos artistas que participan no proxecto. Un sitio virtual creado para a exploración da arte contemporánea fuxindo d limítes da dimensión ou do tempo. Gloria pretende crear un lugar de exposición con cabida para todo tipo de creadorxs, onde a súa obra sexa susceptible de adaptarse ao medio dixital, sen pretender ser un reflexo do real, senón unha reflexión da arte actual a través dun medio global. Unha forma de acurtar as distancias entre a arte e o espectador, desde unha nova perspectiva que non foi investigada con anterioridade, indagando deste xeito nas posibilidades do propio medio e creando un espazo sen precedentes na rede.
INAUGURACIÓN NO ALG-A LAB
VENRES 21 ÁS 20.00
ÁS 22.30: CONCERTO SORPRESA
bar + fume!