Inauguración da exposición A MOSTRA INVISIBLE no MARCO
venres, 20 de outubro do 2006, por Isaac Cordal.
categorías: Axenda

20 outubro 2006 – 21 xaneiro 2007
SALAS DE EXPOSICIÓN DA PLANTA BAIXA do MARCO

A exposición reúne unha selección de obras de 20 artistas contemporáneos, que nos invitan areflexionar sobre o espazo a partir do son; o son entendido como voz ou como vehículo que aporta corporeidade, asentado sobre compoñentes non visibles. De entre os vinte artistas presentes na mostra, só dous –Stephen Vitiello, do que a obra está situada no exterior do edificio, e Luísa Cunha, no panóptico– traballan de cotío e case en exclusiva co son; para amaioría, o son é un medio máis dos utilizados para a realización dos seus proxectos artísticos, enmarcados no ámbito das artes visuais. A mostra inclúe obras xa históricas, como as de Kurt Schwitters, Raoul Hausmann, Bruce Nauman, Joseph Beuys e Luigi Russolo, ou pezas site specific como a de Martin Creed no elevador que dá acceso ás salas de exposición do MARCO, ademais de obras chave na produción de artistas como Louise Bourgeois, Antoni Muntadas ou Janet Cardiff, entre outros.

Como parte integrante da exposición, o MARCO de Vigo e o Centro José Guerrero de Granada levaron a cabo unha edición de 4 CDs da obra One Million Years, do artista xaponés On Kawara, que se presenta por primeira vez en España, e que continúa as edicións realizadas por outros museos, sempre en colaboración coartista. O venres 20 de outubro, coincidindo coa xornada inaugural, o público visitante poderá asistir á lectura das datas en directo na Galería 1, onde a partir dese día se exhibirá a peza gravada.

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal