Inchusticias. Piluca na galería de Lechanelas.
martes, 31 de outubro do 2006, por Antía .
categorías: Pintura-debuxo

Piluca é unha artista recoñecida mundialmente de balcón en balcón e de rincón en rincón, autodidacta, aprendeu todolo que sabe na rúa. Dende a sua mais tenra infancia na veira do Lerez (Pontevedra) inspirábase pra crear o seu amplo imaxinario de seres saidos das cloacas e tendiñas de barrio,o que foi dando lugar a toda unha familia de obxetos con patas, ollos, bocas, como as suas famosas “chustas andantes”. Falando de chustas andantes, si entrelemos nesas pinturas podemos observar que Piluca militaba entre os cabezillas de TCOT,(Todos contra o tabako) un grupo que non tardou en deixar por diferencias que ata agora descoñecemos ainda que se rumorea que no fondo o votaron porque enteráronse de que fumaba a escondidas xa que o alento olíalle que tiraba pa atrás. Estas contradiccions son as que fan a sua obra tan retorcida e entrañable á vez que ambigua. e sin máis, aquí vos presentamos estes debuxos que se deixou olvidados no parque un día no que se fumaba a chusta que deixou outro militante da TCOT.
Ver expo en Lechanelas.

Enviar comentario
Categorías
Antía