Fundación Pedro Barrié de la Maza innaugura hoxe as 20:00 en exclusiva para España a exposición Deseño escandinavo Máis aló do mito, producida polo Museo Nacional de Arte, Arquitectura e Deseño de Oslo.
A mostra presenta un percorrido evolutivo pola diversidade do deseño escandinavo dende os anos 50 ata a actualidade. A exposición confirma o deseño escandinavo como crucial na historia do deseño internacional, pero ó mesmo tempo formula un debate acerca dos estereotipos e tópicos de simplicidade, funcionalidade e democracia que ten afectado, dende as súas orixes, ás creacións dos deseñadores do norte de Europa.
Pezas de moblaxe, moda, cristalaría, tipografía, publicacións, iluminación ou tecnoloxía son examinadas, discutidas e amosadas dende os conceptos de luz, agudeza, exactitude, visibilidade, multiplicidade e consistencia, tanto por deseñadores anónimos coma por outros internacionalmente consagrados (Arne Jacobsen, Verner Panton, Mats Theselius, Olafur Engilbertsson ou Stefan Lindfors), nunha exposición que supón un compendio antolóxico de obxectos internacionalmente recoñecidos como iconas de modernidade.
Fonte::Fundación Barrié de la Maza
Foto:Comedor da casa de Verner Panton

Enviar comentario
Categorías
Antía