Interactive Audio Visual PI
luns, 8 de setembro do 2008, por Berio Molina.

Interactive Audio Visual PI é unha instalación interactiva desenvolvida por memo.tv para o festival Glastonbury 2008.

Trátase dun instrumento musical que interacciona co movemento da xente. Unha proxección e un sistema de captura de movemento que fai posible activar e desactivar certos interfaces gráficos.

Un exemplo máis de intrumentos colaborativos e a xa asentada mistura do xogo coa creación.

O proxecto está feito coa librería Openframeworks para o sistema de captura de movemento e para a xeración gráfica o Ableton Live para a xeración de son e o protocolo OSC para a comunicación entre estas dúas ferramentas.

Para máis info e para ver o código, podedes ir á propia páxina de memo.tv


Glastonbury 2008 - Interactive Audio Visual PI ! from Memo Akten on Vimeo.

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina