Despois de dúas semana de intenso traballo o pasado sábado inagurouse en Madrid Interactivos?08: Juegos de la visión.A diferencia con outros anos, éste habilitouse unha wikina cal se poderán consultar tódolos proxectos desenvolvidos nesta convocatoria.
O longo do taller celebrouse un seminario teório no que participaron Nuria Valverde, James Elkins, Susana Martínez-Conde,José Luis Brea e Jimena Canales, sendo algunha destas conferencias retransmitidas en streaming gracias o colectivo sinantena.
Ademáis, Simone Jones –artista e profesora do taller-, impartiu para tódolos asistentes unhas clases de iniciación a Processing e Arduino. Emmanuel Andel, membro de Tag.tv, participou como colaborador nun dos proxectos e documentou no seu video blog moito do que aconteceu neses dias, incluindo este curso.
A exposición Interactivos?08 Juegos de la visión poderase visitar do 19 de Xunio o 13 de Setembro en Medialab-Prado Madrid.
Imaxen: M.A.S.K. (My Alter Self Konciousness)//Jordi Puig.
Ei tíos!!
Guapísima esta nova web. Apertas a todos e especiais pra Horacio e Paola polo proxecto medialabero
Todos somos Biophionitos!!