A través do magnífico blog de John Resig, o creador da librería javascript + DOM Jquery e actualmente membro do equipo de desenvolvemento de Firefox, enterámonos de que hoxe se fixo pública a primeira versión beta do próximo Internet Explorer 8, con moi boas novas para todos os desenvolvedores de páxinas web.

De todos é sabido que as versións anteriores de Internet Explorer non cumpren os estándares sobre todo no referido ás CSS e á combinación javascript + DOM, o que fai que os creadores de páxinas webs se rompan a cabeza cunha infinidade de hacks para que as páxinas aparezan tal cal foron deseñadas para o resto dos exploradores (dento que facer en moitas ocasións un deseño especial para este explorador, ademáis do deseño feito para o resto).
O luns pasado anunciouse que a partir da versión 8, Internet Explorer vai a cumprir estes estándares e hoxe fíxose pública a primeira versión beta donde se pode comprobar si esto é certo.

John Resig, nunha entrada publicada hoxe no seu blog, fai un repaso sobre as primeiras impresións sobre este explorador, e parece que por fin imos a contar cun explorador que cumpra os estándares e que todas as horas de vida que levamos perdidas intentanto facer que todo funcione en IE, pasarán á historia.

Podedes consultar estas impresións aquí

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina