No moi interesante weblog Smashing Magazine publicouse fai uns días o artigo "Beautiful Motion Graphics Created With Programming: Showcase, Tools and Tutorial".
Nel, trátase o tema da creación de gráficos interactivos empregando as ferramentas máis populares (Processing, OpenFrameworks, Quartz Composer, etc.) e contén unha morea de ligazóns a tutoriais e manuais específicos de cada ferramenta e exemplos reais en instalacións interactivas. Paga moito a pena botarlle unha ollada.