Iº Congreso Internacional Art Tech Media
xoves, 1 de febreiro do 2007, por Isaac Cordal.
categorías: Convocatorias

“O Iº Congreso Internacional Art Tech Media, nace co propósito de contribuír á reflexión e a análise das principais cuestións actuais referidas, fundamentalmente á arte e novos medios tecnolóxicos en España nun contexto internacional.

Nun mundo global presidido polas tecnoloxías da comunicación, con innumerables interrogantes sobre un futuro que está presente na nosa cotidianidade, resulta esencial analizar e reflexionar, dende diversas perspectivas, a incidencia que sobre a nosa poliédrica realidade, alterada, ten o uso xeneralizado das novas tecnoloxías como soporte de novas ideas e posibilidades case infinitas. Investigando a súa incidencia en diferentes sociedades e culturas, propoñer modelos que superen o coñecido ata agora.

O Congreso desenvolverase en tres ámbitos claramente complementarios: nacional, internacional (europeo, asiático ) e iberoamericano.

A estes debates invítase a participar a tódolos sectores vinculados á arte e máis específicamente á arte dixital e ao público interesado.”

+ info

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal