JR gaña o premio TED 2011
mércores, 20 de outubro do 2010, por Isaac Cordal.
categorías: Street art, Fotografía

O artista francés JR gañou o premio TED 2011. Penso que moi merecidamente.

Baixo o epígrafe Ideas que vale a pena difundir, as conferencias de TED convertéronse nun referente para comprender as claves do traballo de moitos artistas, científicos, políticos, etc do noso tempo.

JR, de 27 anos, é coñecido polos seus traballos fotográficos de gran formato en espazos públicos. A xente da rúa convértese en protagonista da súa obra e, os lugares en que habitan, son o soporte para as súas grandes fotografías en branco e negro. A rúa convértese nunha inmensa galería. As súas accións tiveron como marco as favelas de Río de Janeiro, poboados de Kiberia en Kenia, o muro que divide Israel e Palestina, etc.

Así comeza a súa declaración de intencións na web: JR ten a galería de arte máis grande do mundo. Expón libremente polas rúas de todo o mundo, atraendo a atención daqueles que non frecuentan os museos. A súa obra mestura a arte e a acción e os procesos de participación, liberdade, identidade e límite.

O seu derradeiro proxecto desenvólvese actualmente en Sanghai.


JR / Exposition Paris 2009 - Ile Saint Louis
envoyé par JR. - Découvrez plus de vidéos créatives.

Artigo relacionado en alg-a. Women are heroes. JR. Martes, 29 de setembro do 2009

Entrevista a JR en London Design Streetart Magazine

The street art of JR

Foto via Galerie Magda Danysz. Fonte: arrestedinmotion

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal