Este venres pasado, John Resig, coincidindo co seu cumpreanos, publicou no seu blog a librería processing.js, que está chamando a atención a multitude de desenvolvedores web.
John Resig é mundialmente coñecido por ter desenvolto a librería jQuery, que permite aplicar certos efectos dinámicos no deseño web, e que tivo unha grande repercusión (google maps emprega esta librería, por exemplo). Actualmente forma parte do equipo de desenvolvemento de Firefox.
Agora acaba de publicar unha nova librería javascript, neste caso a processing.js, que permite integrar dunha maneira asombrosa, a linguaxe Processing en javascript, e por conseguinte, aplicacións feitas en Processing, dentro das páxinas web, como si dun flash se tratase. Para eso, John Resig sírvese da etiqueta html canvas
Dende este venres pasado, as respostas da comunidade non se fixeron esperar, e en tan só dous dias empezan a surxir un intenso debate en varios foros e novas aplicacións.
Sen duda unha das novas do ano en relación ao desenvolvemento de páxinas webs.
Para que todo esto se vexa máis claro, processing.js vai permitir por exemplo, facer reproductores de audio e video para a web en processing, no lugar de empregar flash, ou tamén permitirá facer xogos e banners, menus espevtaculares, etc, etc... O inicio dunha alternativa real en open source a flash?.
Algunhas demos:
http://ejohn.org/blog/processingjs/
Feliz cumpreanos John!