KTL e Miguel Prado na Igrexa da Madalena. Ribadavia
mércores, 30 de abril do 2008, por Isaac Cordal.
categorías: Axenda

KTL (EUA - Austria)
Stephen O’Malley (guitarra) e Peter Rehberg (electr=F3nica)
Drone metal, minimalismo, arte sonora
+
Miguel Prado (A Coruña)
Improvisación, música mínima

Xoves, 1 de maio
Igrexa da Madalena (Ribadavia, Ourense)
20.00 horas. GRATUÍTO

Cara a cara, dúas das personalidades máis ilustres da experimentación na música contemporánea, Stephen O’Malleye Peter Rehberg. Os creadores atrás de Sunn O))) e Pita, gurús do drone metal e da vangarda electrónica respectivamente, únense en KTL para explorar as estremas do son. O mundo das frecuencias analóxicas de O’Malley e o universo das frecuencias dixitais de Rehberg, o cerebro que dirixe o prestixioso selo Editions Mego, colisionan no que pode ser un dos directos máis interesantes do ano en Galicia, non só pola singularidade da proposta senón tamén polas especiais condicións do auditorio, a igrexa sen culto da Madalena de Ribadavia (Ourense), e por ser unha das contadísimas ocasións nas que se pode ver este proxecto ao vivo.

http://espazossonoros.org/festival/
SINSALaudio
www.festival.sinsalaudio.org
www.myspace.com/sinsalaudio
www.fotolog.com/sinsalaudio

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal