Kyle McDonald creou un proxecto chamado Keytweeter que funciona como un keylogger, unha aplicación na que rexistra todo aquilo que escribe no seu teclado e envia fragmentos de texto aleatorios a súa conta en Twitter, 140 carácteres de golpe.
Keytweeter é unha performance dun ano que terminará o próximo 30 de Xuño e que ata agora lanzou case 26000 mensaxes. Unha exploración da fronteira entre a "información" e "control", e a identidade persoal, entre a información pública e privada .
Este fin de semana no V&A de Londres tivo lugar OpenframeworksLab dentro da programación da exposición Decode. Un encontro no que desenvolvéronse varios proxectos colaborativamente no entorno de programación openFrameworks. O ambiente de traballo, os proxectos e a relación coa xente foi excepcional.
Kyle McDonald traballou neste obradoiro no seu proxeto open source Homemade 3d Scanner o cal vén desenvolvendo desde o ano pasado. Un scanner en 3d a tempo real e de baixo custo.
3D Capture at 60fps from Kyle McDonald on Vimeo.
Podes ler un pequeno tutorial dunha versión anterior: http://www.instructables.com/id/Structured-Light-3D-Scanning/
Kyle McDonald no V&A
Baixar o código
Máis proxectos relacionados con Twitter:
http://www.creativeapplications.net/webapp/5-twitter-art-projects-volume-3-webapp/