Nace LARRARASKITO, un novo netlabel vasco-galego creado polo artista sonoro Miguel A. García, máis coñecido coma Xedh, e Alejandro Durán.
Larraskito céntrase na experimentación sonora e as formas inusuais de música.
O netlabel conta xa con tres referencias : o debut de Anorexia Mental, "Avenida del Cantábrico" de Oier Etxeberria e "Fucsionoron" de Armadillo Concreto. Estas tres primeiras referencias atópanse na web de Larraskito , que axiña contará cunha nova imaxe e outras novidades .