Actuación de LDRTFS 22 de Xullo no MACUF dentro de ArtEx Sonora 2010-
22 de xullo 21:00
MACUF. Avenida de Arteixo 171, 15007 A Coruña
Like Drone Razors Through Flesh Sphere(LDRTFS) é un enigmático proxecto sonoro que leva en activo máis de 10 anos e que ao longo do tempo ha sabido enriquecerse incluíndo no seu repertorio novas linguaxes expresivas. Pasando así dunhas primeiras densas atmosferas executadas con guitarra e efectos, á experimentación electrónica de carácter analóxico. Todo iso sen perder unha forte identidade sonora que caracteriza a súa proposta e recorrendo sempre a unha ampla gama de arrevesadas texturas sonoras que van creando escuros enxames Rorschachianos.
A pesar da gran cantidade de edicións, que supera a vintena de referencias, as actuacións en directo de LDRTFS son tremendamente escasas. Convertendo así esta ocasión nunha cita imprescindible tanto para todos os seguidores deste misterioso proxecto de culto, como para calquera persoa interesada en achegarse ás súas complexas atmosferas ritualísticas.
+info:
“Drone Sphere” 1999
“Sunya” 2001
"Funeral Mantra" 2002
"Overdrone" 2003
"Meditation I" 2005
"Meditation II" 2005
"Decrepitude I" 2006
"Decrepitude II" 2006
"Ex Nihilo Nihil, Ad Nihilum Nihil Posse Reverti" 2007
"Synthetic Hybridization" 2007
"D.R.O.N.E.R.E.X.I.A." 2007
“Seismik Electric Magick” 2008
“At the Threshold” 2009
“Aurum Nostrum Non Est Aurum Vulgi” 2009
“Mankind In Amnesia II” 2009
“Moribund Butterfly Kinetic” 2009
“Lost Gardens of Helligan” 2009
“Those Who Dwell Beyond” 2009
“In Girum Imus Nocte Et Consumimur Igni” 2010
“Yatra Sarvasva” 2010
“S/T” 2010
"At the threshold of knowledge" 2010
"Coffin earth" 2010 (split w/ Mathrem)
"Abducted" 2010 (split w/ Carlos Villena)
"Alone with God" 2010