La casa de mi abuela no MARCO.
martes, 20 de marzo do 2007, por Isaac Cordal.
categorías: Axenda

martes, 20 de marzo, o salón de actos do Museo de Arte Contemporánea de Vigo acollerá a presentación e proxección do DVD do documental ‘LA CASA DE MI ABUELA”, que contará coa presenza do seu director, Adan Aliaga, e do produtor Xosé Zapata, que participarán no debate/coloquio posterior.

Presentación/proxección + coloquio
“LA CASA DE MI ABUELA”, de Adan Aliaga
Data: martes 20 de marzo
Lugar: salón de actos
Horario: ás 20.00
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO

A traxectoria de premios internacionais obtidos polo documental “La Casa de mi Abuela” pódese considerar como única na historia do documental en España. O galardón Jori Ivens no Festival de Documentais de Amsterdam converteu este filme nun dos documentais españois de maior transcendencia internacional dos últimos anos. Os sucesivos éxitos en Chicago, Miami, Pamplona, Madrid, Belgrado ou Brooklyn consolidan unha traxectoria que remata coa súa estrea nos Estados Unidos e a Nominación nos Premios do Cine Europeo.

A presentación da edición en DVD de “La Casa de mi Abuela” terá lugar, ademais do MARCO, no CGAI de A Coruña e na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. Este DVD especial contén gran número de material extra: dúas curtametraxes do mesmo director Adán Aliaga, dúas pezas sobre a historia da Abuela na actualidade, e as secuencias descartadas, cun total de máis de 40 minutos de material.

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal