La cultura netlabel. Documental.
luns, 20 de abril do 2009, por Isaac Cordal.
categorías: Creacións, Internet, Net audio

La cultura netlabel é un documental duns 30 minutos no que aparece esbozada a escena net label española e as licenzas libres. Realizado pola artista visual Kowalski xa podese ver on line como primeira referencia da plataforma multidisciplinar e multimedia ENZO. Dende aquí agradecémoslle o esforzo polo seu traballo e as referencias o net label alg-a.


La Cultura Netlabel from kowalski visuales on Vimeo.

Estreando plataforma do mellor xeito, coa colaboración de gran parte dos Netlabels do panorama español e do estranxeiro, para a realización por Kowalski deste documental, La cultura netlabel, que a pesar do longo tempo de espera, ve por fin a "LUZ".

Quero agradecer a todos os que fan posible que a Cultura sexa un dereito e en especial aos que con paciencia e entusiasmo colaboraron neste proxecto.

Kowalski nace por defecto e efecto do amor á imaxe e ao audio. A súa inesgotable necesidade por experimentar e descubrir novas vias de expresión nun mundo preconcibido, lévalle no 2004 a crear un estilo propio de fusión audiovisual.

Con este documental quere facer homenaxe e agradecer ao gremio Netlabel, con quen compartiu e aprendeu no transcurso da súa evolución desde os comezos.

www.xkowalski.net

Enviar comentario
Comentarios
20 de abril do 2009 10:30, por Carlos Suárez

ei Isake. . .

Moi ben o video. . . e soan as paisaxes sonoras alucinatorias.

Apertas

Carlos

Categorías
Isaac Cordal