Este Venres ás 20:00H terá lugar a inauguración do Laboratorio de Audio que Escoitar.org levará a cabo na Sala Anexo do Marco dentro do Proxecto Edición.

Este día o Centro Coreográfico Galego Bailará unha composición de paisaxes sonoras da páxina escoitar.org, realizada por Juan Gil e Carlos Suárez, que durará 20 minutos aproximadamente e que comezará ás 20:00H.

O Laboratorio de audio durará 2 meses aproximadamente e se levarán a cabo as seguintes actividades:

+ Obradoiro-laboratorio de audio aberto:
Esta obradoiro será aberto ó publico sin previa isncripción, polo calqueira que pase pola Sala Anexo pode integrarse ó equipo de traballo e de investigación. Este será un laboratorio de realización de proxectos, polo que se desenvolverán ideas aportardas por todos os asistentes, entre elas, a grabación, edición e masterización de paisaxes sonoras de Vigo e arredores.

+ Obradoiro-laboratorio de interface físicas:
Este obradoiro será igualmente aberto ó público sin previa inscripción, e se desenvolverán proxectos da xente que se pase pola sala anexo e se integre no equipo de traballo. Tratarase máis ben dun intercambio de coñecementos técnicos e da realización dun equipo de traballo colaborativo, arredor da placa Arduino, sensores, micrófonos e motores.

+ Sala de probas:
Sala con cuatrifonía, destinada a probar os achádegos dos obradoiros e do laboratorio.

+ Sala de plató:
Sala destinada á grabación dun documental sobre cómo escoitan Vigo as persoas que non son de Vigo.

Asimesmo, na sala Anexo haberá dous ordenadores conectados a internet para subir paisaxes a escoitar.org e preparados para a edición de audio, abertos ó público.

Tódolos venres arredor das 19:00H, haberá accións de diversa índole: concertos, conferencias, charlas, performances, que serán anunciadas no seu momento.

Estade todas e todos invitados!

Enviar comentario
Comentarios
8 de marzo do 2007 05:40, por is

Mañá alí estaremos ...

Categorías
Berio Molina