Laboratorio de escoita e experimentación sonora

IMPARTE
Nacho Muñoz (Madamme Cell)

OBXETIVOS
O obxetivo principal é que os rapaces experimenten dende o seu propio proxecto (persoal ou colectivo) e non dende o proxecto do profesor (práctica ésta desgraciadamente habitual...), os principais procesos creativos que acontecen no mundo sonoro e, se os medios o permiten, a súa interrelación práctica con outros proxectos semellantes, preferentemente noutros eidos artísticos.

Trabállase exclusivamente a partires do material sonoro xenerado, escoitado ou grabado polos propios alumnos.

IDADES:::::::::::: 8 a 12 anos

nº ALUMNOS::::: 10 – 12 máximo

DURACIÓN:::::::: 12 horas

DATAS:::::::::::::: Sábados de MAIO 2008

HORARIO:::::::::: De 10.30h a 13.30h

LUGAR:::::::::::::: VERBUM | Avda de Samil Nº 17 | 36212 Vigo

MAIS INFO::::::::: verbum@vigo.org | Teléfono +34 986 240 130
info@alg-a.org _ (0034) 654 063 512

INTRODUCCIÓN CONCEPTUAL
Dende o laboratorio alg-a de escoita propoñemos ós nenos ou adultos unha aproximación ou relación co entorno que lles rodea partindo do feito sonoro como ferramenta comunicativa e de autocoñecemento, algo que pensamos cada vez máis necesario ante a habitual dinámica de información ou estímulos no ensino de hoxe en día, baseada case exclusivamente na palabra escrita e na imaxe. Sen nengún tipo de exclusións, comprobamos que este “plantexamento sonoro” axúdalles a desenrolar ou activar certas cualidades, moitas veces marxinadas ou latentes, que afloran abondantemente no contacto co son (por exemplo, escoitar e compartir outras opinións, a capacidade de traballo en grupo, a “resoancia” do seu interior co exterior, o autocontrol, a capacidade de tomar decisións propias, a autoconsciencia da utilidade da linguaxe non verbal, etc) e que, neste caso cunha dinámica afastada de normas preestablecidas e inmóviles, poden ampliar notablemente a percepción e comprensión dos universos ónde interactuamos.

Por outra banda, a actual realidade no ensino, particularmente no eido
musical-artístico, tanto público coma privado na Galiza e en moitos outros sitios, salvo por suposto algunas excepcións, consiste básicamente nunha comunicación mestres-alumn@s-pais onde todavía impera case exclusivamente a transmisión-recepción de conceptos por imitación, repetición e “amasamento” de información, provinte dende unha perspectiva totalmente “exterior” ós rapaces, algo que sin deixar de ser absolutamente natural e necesario, pode levar (e leva) perigosamente a unha actitude de certa inercia, conformismo e/ou dependencia dos nenos por asimilar modelos de educación xa “prefabricados” e cun alto grado de uniformidade (situación fácilmente
extrapolable a moitos outros aspectos da súa futura vida e relación social).

A maiores, posiblemente isto repercuta tamén nesa falla de motivación dos nenos (e mestres?) tan debatida últimamente.
Inda que por suposto avanzouse moito neste problema (para nós a
aportación máis amplia e visionaria foi a de Murray Schaffer, pola súa
flexibilidade e adaptación a cada caso particular), somentes hai que darse unha volta polas dependencias de Maxisterio Musical na Univ. de Pontevedra (por exemplo) para darse conta ata qué punto a uniformidade e especialización dos contidos que se ensinan ós profesores (léase método Orff, Kódaly, xa non digamos o cada vez máis habitual nas academias método Suzuki...) e que posteriormente serán transmitidos ós nen@s, verifica o que acabamos de decir.

Cremos que unha solución para aminorar isa falta de motivación pasa
inevitablemente e entre moitas outras cousas por equilibrar a transmisión da información e a súa xestión (actualmente cáseque a única preferencia do actual sistema educativo) coa aportación , investigación e experimentación dos rapac@s , éstas últimas en craro detrimento e marxinación. É dicir, partir neste caso tamén do propio son de cada nen@ (dende o “interior”) sen intermediarios, normas, estilos, culturas, en definitiva, prexuicios ,coa mínima intervención e protagonismo do mestre-músico-artista e deixando o groso das decisións e a responsabilidade ós nenos,así como, importante, dándolles a oportunidade de que se equivoquen!!

Segundo estas ideas, neste espazo creativo que coordina e desenrola
dende o ano 2000 Nacho Muñoz trabállase exclusivamente a partires do
material sonoro xenerado, escoitado ou grabado polos propios alumnos. Tras unha aproximación ó son dende o silencio, onde o proceso de escoita, cáseque a modo de ritual, mergulla ós nenos nun estado “adoitado” para poder acercarse cómodamente ó son e comenzar a interiorizalo pouco a pouco, escomenzan a xurdir situacións sonoras espontáneas, despoxadas de conceptos, normas ou estilos e onde a expresión convírtese no máis esencial.

Con este material, posteriormente capturado, segue o proceso de
manipulación, tanto analóxica como dixital, ata chegar a ter material suficiente para pouco a pouco organizar estructuras (composicións) máis elaboradas que posteriormente serán compartidas tanto en formato dixital coma en formato concerto-intervención-acción sonora, sendo o profesor durante todo o proceso un mero intermediario e delegando o groso das decisións nos alumnos.

O obxetivo principal é que os rapaces experimenten dende o seu propio proxecto (persoal ou colectivo) e non dende o proxecto do profesor (práctica ésta desgraciadamente demasiado habitual...) os principais procesos creativos que acontecen no mundo sonoro e, se os medios o permiten, a súa interrelación práctica con outros proxectos semellantes, preferentemente noutros eidos artísticos.

_ Obradoiro alg-a de escoita no CGAC _

PROGRAMA

introducción ao son: escoita
++ cómo facer música sen instrumentos
++ a qué soa a túa cidade?
++ a qué soas ti?
++ por ónde vai o son?
++ qué sucede se non vemos?
++ para que sirve un son?
++ cal foi o primeiro son que escoitaches hoxe?
++ agora escoitas 1 son, agora 2, 3, 4, 5 (difícil...) 6, 7...

composición colectiva dunha obra sonora

++ elección do instrumento:
(convencional ou non convencional.reciclaxe sonora)
++ exploración das posibilidades instrumentais:
(corto-longo-perto-lonxe-rápido-lento-forte-suave)
++ diferentes combinacións instrumentais: (seccións)
++ creación colectiva dunha estructura para tocar xuntos.
++ interpretación en público da composición.

grabación e escoita do resultado

++ técnicas elementales de grabación dixital:
(cómo convertir un son nun debuxo)
++ grabación da interpretación
++ pequenas manippulacións dixitais
++ escoita e autocrítica
++ xa temo-lo cd!!

Asociación cultural Alg-a

www.alg-a.org

 Laboratorio de escoita e experimentación sonora para nenos

Pdf do programa
(PDF - 750.5 KB)
Enviar comentario .