Lets get lost no Sinsal Verán.
mércores, 2 de xullo do 2008, por Berio Molina.
categorías: Axenda, Sinsalaudio

Proxección da pelicula LET´S GET LOST dentro do SINSAL Verán.

Novo achegamento do Festival SINSAL á relación entre música e cinema documental. En colaboración co Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), proxéctase en Caixanova Let’s Get Lost (EUA, 1988), un filme documental de Bruce Weber sobre o trompetista Chet Baker, unha das máis sobranceiras figuras do cool jazz da Costa Oeste. Do esplendor dos 50, figura ao James Dean e sesións compartidas con Charlie Parker e Gerry Mulligan, á decadencia, o camiño como ser atormentado cara á aniquilación. Weber, fotógrafo de renome e autor de memorables vídeos musicais, relata a vida do jazzman en forma de flashback, nunha construción inzada de entrevistas e material de arquivo que vive unha segunda mocidade logo da súa reestrea este ano no Festival de Cannes.

Lugar: Auditorio Centro Cultural Caixanova | Vigo
Data: Xoves 3 de xullo
Hora: 21.00h
Entrada: 3 euros
As entradas soltas pódense adquirir na billeteira do teatro unha hora antes da proxección Entrada de balde para os posuidores do abono SINSAL Verán
Desconto do 50% para a comunidade universitaria

Crónica de El País sobre a reestrea do filme en Cannes
http://www.elpais.com/articulo/cultura/Bruce/Weber/bucea/sombras/Chet/Baker/elpepucul/20080523elpepicul_9/Tes

Lets get lost no Sinsal Verán.
Enviar comentario
Categorías
Berio Molina