Convocatoria para a presentación de proxectos a desenvolver no marco do grupo de traballo sobre Luz, espazo e percepción dirixido por Daniel Canogar, Julian Oliver e Pablo Valbuena.

Peche da convocatoria: 30 de novembro. Lugar: Medialab-Prado


Paul Friedlander (27.06.08)
Imaxe: esculturas luminosas de Paul Friedlander

Este taller/grupo de traballo propón investigar e experimentar co uso da luz, a proxección e a percepción visual desde diferentes ámbitos, reunindo a persoas vinculadas á arquitectura, artes visuais, urbanismo, escenografía, programación, física, óptica, psicoloxía e fisiología da percepción, etc.

Como continuación dunha primeira fase desenvolvida entre os meses de abril e xullo de 2008, iníciase agora unha nova fase na que, ademais das sesións mensuais con diferentes invitados, convócase a todos os interesados a presentar proxectos para o desenvolvemento colaborativo de prototipos en dous talleres que se celebrarán en xaneiro e marzo de 2009.

Convocatoria e inscripción

Comentarios
9 de novembro do 2008 15:46, por Berio

Increíble Pablo Valbuena.

Non deixedes de ver os proxectos da súa páxina, especialmente o último.

.