Madamme Cell
xoves, 12 de xullo do 2007, por Antia.

MADAMME CELL

Herdeiro da máis rancia e puritana tradición clásica de conservatorio, do aséptico jazz blanco académico yanqui e da decadencia da escena underpunk viguesa d principios dos 90, tenta convivir con desigual fortuna no actual universo audiovisual-dixital.
Considerado por moitos coma un xenio, a súa marcada tendencia ao vagabundeo e dispersión remataron fai tempo con calqueira esperanza de éxito, visibilidade ou recoñecemento.
Nembargantes, ese comportamento errático-migratorio desenrrola nel unha notable capacidade de adaptación ao entorno, atopando no situacionismo,no nihilismo, na improvisación libre, no porno-cabaret e na experimentación psicofísica con nenos espacios adoitados para o seu desenrrolo artístico.
Membro da comunidade alg-a.org, os seus instrumentos favoritos son o piano preparado e un micro akg c414, e a día de hoxe traballa con toda a constancia que lle é posible nestes procesos-proxectos:


O fraccionamento do asombro (deconstrucción dixital) www.alg-label.com

pianno works ( deconstrucción analóxica)

ignicións (intervencións sonoras co entorno)

cía a última rata (opera) www.nelaque.org
laboratorio infantil de experimentación sonora (laboratorio infantil de experimentción sonora)

o humán descartado (poesía fonética)

igmig ( electropunk)

cabaret d´aquí (cabaret dáquí)

omega (orquesta galega de improvisación libre)

fruyty works ( chill hop sessions)

Comentarios
19 de xullo do 2007 11:41

guapoooooo

.