MÍVICO, I Mostra de videocreación no Condado
mércores, 20 de xuño do 2007, por Sr pause.
categorías: Convocatorias

MÍVICO é un evento cultural organizado por Quadra producións que trata de achegar a videocreación galega e internacional, a terras de O Condado

A I edición de MÍVICO celebrarase a partir do 11 de Agosto ata o 22 de
Setembro de 2007

Unha primeira parte do festival consistirá nunha Mostra itinerante polos
distintos concellos de O Condado onde exhibiranse as obras elixidas.

Haberá un apartado para o documental, outro para a videocreación de ficción
(curtametraxe) e un apartado para a videocreación Galego-Portuguesa

Na sección chamada ZÚMBALLE mostraranse novas propostas e
tendencias do panorama audiovisual actual.

Aceptaranse todo tipo de formatos cunha calidade óptima para seu
reprodución, non hai límite no formato de gravación, desde videocámaras
profesionais, telefonía móbil, cámara de fotos, webcam…).

A inscrición realizarase reenchendo a ficha de inscrición que se pode
atopar nas seguintes páxinas.

www.mivico.blogspot.com

www.myspace.com/mivicovideo

ou no email:

mivico@quadraproducions.com

Enviar comentario
Categorías
Sr pause