MONTAXE DO ALG-A LAB
domingo, 6 de abril do 2008, por nela que.

CONVOCATORIA Do OBRADOIRO

O colectivo Alg-a, seguindo co seu proxecto de crear un Laboratorio independente de creación artística, colabora co arquitecto e artista Santiago Cirugeda na creación dunha rede activa de asociacións e colectivos culturais.
Santiago Cirugeda xestionou a cesión dunha serie de módulos habitables que servirán de espazos de creación e intercambio a esta rede de colectivos.

O colectivo Alg-a.org convoca 10 prazas para participar no obradoiro de montaxe impartido polo arquitecto e artista Santiago Cirugeda, o cal consistirá na montaxe dos módulos que comporán o Laboratorio de Creación Artística Alg-a nun terreo da parroquia de Valadares (Vigo).

Como convidados contaremos coa participación de David Juárez (colectivo Straddle3, Barcelona), A Fundició (Barcelona) e a colaboración no deseño do proxecto arquitectónico do arquitecto Javier Calo.

Haberá unhas pequenas charlas teóricas xunto aos convidados que levaránse a cabo no centro cultural de Valadares (aínda por confirmar) ao finalizar a xornada de traballo. Nelas compartiremos experiencias e coñecementos relevantes o traballo a desenrolar.

Entregarase a tódo-los participantes unha acreditación de asistencia, especificando o motivo do obradoiro, o número de horas, docente e entidades colaboradoras.

Para participar neste obradoiro non será necesario ningunha taxa de matricula.
E necesario remitir cuberta a ficha de inscrición que vai adxunta neste documento.

Alg-a non se fai responsable da manutención (comidas) dos participantes, pola contra ofrecerá información e facilidades neste aspecto. Tamén disporá para o uso común, no horario de traballo, dunha mesa con augas, cafés, infusións e outros refrixerios.

No caso de que a climatoloxía non sexa propicia para levar a cabo o traballo, o obradoiro será posposto ata novo aviso.

Enviar a ficha a info[a]alg-a[punto]org

Ficha inscripción
Comentarios
6 de abril do 2008 12:56, por Gisela

Y los que ya nos anotamos como sabemos si entramos en las 10 prazas?

Gracias,

.