O pasado sábado 28, Alg-a estivo de presentación no centro social Própolis, na Coruña, representada polos alg-istas Madamme Cell e Señor Pause. Ademáis da presentación do proxecto Lab para unha nutrida banda de propoleros, esta extraña parella fixemos un concerto de “cinema-escapismo”. para (des)amenizar a velada.
Própolis, como xa tiñamos contado en alg-a (aquí), é un colectivo cultural que desenvolve dende hai máis dun ano actividades nun baixo da rúa Barcelona, na Coruña. Entre os seus eventos destacan os continuos obradoiros multidisciplinares (por poñer exemplos: Hatha-ioga; obradoiro de caricias; expresión corporal e teatro; reparación de bicis; canto creativo...), concertos periódicos de artistas subterráneos e circo, moito cirrrco.
Precisamente, o sábado compartimos cartel con Malandraxe, un colectivo circense que están localizados en Vigo e que, encabezados polo inconmesurable Gito, deleitáronnos con varios números de teatro-circo.
Mención aparte para o espazo que ocupa Própolis: os baixos dunha libraría alexandrina no que ben poderiamos atoparnos con Lewis Carrol tras dun anaquel atiborrado de libracos, conversando tranquilamente co coello branco (ou co avestruz de outro Lewis, Tim!). Detrás dos libros e os mostradores empolvados, unha rara avis: Nico, desgarbado, de idade imprecisa, con chaqueta dúas tallas máis grande e unha gorra publicitaria ladeada; con aspecto de ter coñecido ós máis grandes poetas e as máis glosiosas letrinas, sempre atento, sempre curioso polo noso traballo.
Nas catacumbas desta libraría habitan os propoleros, e aínda máis abaixo, nun segundo soto, a comunidade inmigrante senegalesa dan clases de percusión. Esta zona de Coruña é fogar de moitas comunidades de emigrantes, sobre todo africanas, e Própolis é un bó exemplo de tanxencias armoniosas entre locais e foráneos (termos bastante difusos).
Con toda esta compota situámonos Madamme e Señor nunha escenografía que nin preparada de antemán: camilla de hospital, pantalla-biombo de proxección, cadeiras de época e os nosos traxes finiseculares. Mdmm Cell comezou coa voz dun arxentino indixente no metro e continuou con ruído branco a nosa paisaxe audiovisual pola “sociedade da graxa”. Nalgún punto da acción, os senegaleses non puideron soportar as imaxes e sons da matanza, e abandoaron a sala. Sentímolo, non era ese o efecto desexado, cando menos non a un nivel se sensibilidade étnica. Sucedéronse historias de viaxes, maletas, concersacións en francés, cintas domésticas anónimas dos anos 20 con nenos en bicicleta e nitrato burbulleante...
As respostas foron múltiples. Moita xente veunos dicir expresamente...que non entendera nada; outros que lles gustara, aínda que non sabían moi ben o por qué.
Pra Madamme Cell e o que lles escribe, foi dende logo un pracer conxunto que agardamos poder repetir.
O fin de xornada foi con nocturnidade e alevosía, convidados a unha cea propolera e de marchuqui coruñesa. Incontables agradecementos a Lía, Yuben, Chusmi e o resto de xente de Própolis que tan ben nos acolleu.
Tamén estivemos con xente de Ergosfera, cos que tendimos novos lazos e mails.
E en canto os propoleros, quedamos emplazados para unha xuntanza “de volta” en Valadares. Xornadas de traballo pra botar unha man no Lab, e tardes de festalla.
Unha aperta dende os túneis subterráneos de Vilnius, nalgún punto do pasado século.
Dietrich Pause