Maina: love them, hate them [test tube|044]
martes, 27 de xuño do 2006, por Berio Molina.
categorías: Net audio

Xa temos con nós o esperado retorno do grupo Maina, cun contundente EP que leva poro título Love them, hate them, que o publica o estupendo netlabel portugués Test tube.

Maina: Love them, hate them test tube

Maina é o grupo do noso querido compañeiro Isaac Cordal en tódalas composicións e tratamentos sonoros, e Maureen Kinnear nos deslizamentos e sobresalatos vocais.

Un traballo que se move dun lado ó outro da acústica dos teus osos, escondido trala opacidade da pel e navegando nos texidos nerviosos.
Sons moi ben tratados espacialmente, baterias que aparecen e se desfán, voces e choros, grbacións de campos, máquinas, paisaxes.

Destacar o increíble tema Love them, hate them e empty kitchen así como a preciosa portada realizada por Antía Sánchez.

Enviar comentario
Comentarios
27 de xuño do 2006 14:00, por chiu

moita sorte para o dúo.
sonades fantástico
aperta
chiu

28 de xuño do 2006 01:51, por isaac-cordal

Gracias Chiu polas túas boas palabras dende sempre para este proxecto.
Aperta.

Categorías
Berio Molina