Antonte recibín este libro, e estou tan contento con el que volo poño aquí para que o pilledes si vos interesa o tema da cacharrada.
O libro chámase "Making Things Talk. Practical methods for connecting physical objects"
Está publicado pola editorial O’reilly con data de setembro do 2007 na súa primeira edición.
Está soportado pola estupenda Make magazine, dende donde se poden baixar os códigos de tódolos exemplos e exercicios que trae o libro.
O autor é Tom Igoe, de quen xa falamos en varias ocasións facendo referencia á súa páxina web, chea de recursos e información sobre computación física e creación de interfaces físicas.
Tom Igoe é un dos responsables da placa Arduino -si vos fixades o seu nome aparece escrito na superficie da placa, xunto ao de David Cuartielles, M. Banzi, G. Martino e D. Mellis- e é profesor das asignaturas: Introduction to Physical Computing, Sculpting with Data, Networked Objects, Sensor Workshop, Physical Computing Studio, dentro do Interactive Telecommunications Program da Universidade de Nova Iorque, é decir no ITP da NYU.
O libro en si está escrito nun formato puramente educativo, a modo de tutoriais e exemplos repartidos polas diversas seccións, para presentar da forma mais fácil cómo construír cacharros e facelos comunicar entre si.
Tódolos exemplos prácticos están moi ben documentados con fotografías do proceso (esas típicas fotos da placa cos cables conectados aos correspondentes pins e resistencias) e máis o código do programa en cuestión. Polo que se antoxan moi fácil de realizar.
Os cacharros empregados son básicamente arduínos (microcontrolador, moito), processing (interactive graphical software), Wiring (microcontrolador, moi pouco), Lantronixs (network module), Xbee (hardware for wifi communication), RFID readers, etc... Pero non vos asustedes, o libro mostra os proxectos de tal forma que o fai moi entretenido e apetecible. Ademáis está orientado a xente de moitos ámbitos distintos e non se precisan moitos coñecementos previos para meterte de cheo nos exercicios.
Total, que ao rematar de ler e facer os proxectos do libro, que é o que se supón que imos saber?
+ Comunicar obxectos via wifi.
+ Comunicar obxectos via network.
+ Recoñecemento de obxectos a través de webcams e video.
+ Comunicar obxectos via bluetooth.
+ Comunicar todo tipos de sensores co ordenador.
+ etc...
Sempre coa finalidade de aplicar estes coñecementos a proxectos creativos.
Por último decir que Tom Igoe tamén ten escrito outro libro chamado "Physical Computing: Sensing and Controlling the Physical World with Computers", máis antigo (sin arduinos), pero que semella igualmente interesante.
qué forte, xusto fai dous días soñei que estabamos n casa d isaake e lle preguntaba a berio como se podería facer un sinte n pure data e que os seus parámetros se poideran manexar co messenger.. e agora esta nova de berio, e con wifi !! últimamente fánse realidade moitos pensamentos e ideas que teño, a última a de montar unha cadena planetaria de locais exclusivamente para almorzos (con toneladas de periódicos para que non haxa tensión e se poda almorzar tranquilo..); pois ben, aos tres días abrían un en Vigo. É coma o experimento aquel dos monos no Pacífico, que lles ensinaron a pelar patacas e ao mesmo tempo a 300 km dalí noutra isla sen contacto algún outra familia d monos empezaron a pelar patacas por arte de maxia (neste caso por arte de metempsincose), ou como que o homo non só naceu n Africa, senón que case simultáneamente apareceu (máis ou menos homo...) n varios lugares do planeta (indonesia, china, sudamérica). na comunidade científica é un feito coñecido este tipo se sincronización telepática; a menudo suceden descubrimentos e eclosións paralelas en investigacións feitas por laboratorios totalmente descoñecidos entre eles.
Cecáis cada vez máis este sexto ou sétimo ou octavo sentido, o da telepatía ou simultaneidade ubicua, estea involucionando, como o olfato, neste mundo a tempo real pero onde todo se sabe....
ata qué punto somos un mesmo ou quen ou quenes carallo somos,
saúdos de ignacio, muñoz, somoza, el chete, el chino, madamme cell, ig,el chacho, broder!!
e un bicaso para o berio
Pois eu estiven onte pelando patatas. Unhas patatas moi raras que hai aqui e que son verdes. A sensacion que tinha era que estaba pelando mazas.
Comiches mazas hoxe? :)
Bueno Nacho, outro bicaso moi forte. Moi boa atua historia!
jajajajajaja lástima sólo como fruta no iogur..
pero lémbrate de min berio nalgún soño deses tolos que tes, a ver se se me pega algho...
un abrazo xenio
pues...OSC puro y duro...dadme una IP y movere el mundo...
Fabricación De la charla De las Cosas
jajaja