Mañá SIGHTINGS no festival SINSAL
sábado, 28 de xuño do 2008, por Berio Molina.

O trío neiorquino Sightings, este domingo no clube Vademecum.

No dicionario do noise, accesibilidade significa traizón. Os membros do trío neoiorquino Sightings construíron a súa posición a través de gravacións brutais e interpretacións ao vivo que tiñan a inefábel aura da performance. Porén, a partir de Arrived in Gold (2004), a banda de Richard Hoffman (baixo), Jonathan Lockie (batería) e Mark Morgan (voz, guitarra) empezou a cuestionar o dogma do volume polo volume e, incorporando elementos da no wave, poñendo máis coidado na produción, xogando con ritmos procedentes da música dance e ensaiando novos matices, encetaron un camiño que os trouxo até Through the Panama (Load 2007), o seu sexto e último disco até este intre. Como Wolf Eyes hai tres anos ou Sunburned Hand of the Man agora, Sightings teñen a oportunidade de encher un oco no consumo do público indie que leva moito tempo desocupado.

www.myspace.com/sightings | www.loadrecords.com/bands/sightings.html

Lugar: Club Vademecum | Vigo
Data: Domingo 29 de xuño
Hora: 23.00h
Entrada: 5 euros

CAMBIO DE HORARIO:
previsto inicialmente para as 21.30h, demora até as 23.00h para non coincidir coa
final da Eurocopa
As entradas soltas pódense adquirir na billeteira do club
Entrada de balde para os posuidores do abono SINSAL Verán
Desconto do 50% para a comunidade universitaria

.