Manufactured landscapes.
luns, 10 de marzo do 2008, por Isaac Cordal.
categorías: Creacións

Ágora que pouco a pouco os cines convértense, desgraciadamente, nun recinto en extinción nalgunhas das nosas cidades, asediados entre moitos outros motivos polas redes p2p, é grato atopar ese tipo de cines que resisten e que por riba de todo predomina unha aposta pola calidade lonxe da comercialidade, como poden ser os Cines Verdi de Barcelona.

Estes días en carteleira teñen a proposta do Mes de cine solidario e tiven a oportunidade de ver Paisaxes transformados , un filme documental de Jennifer Baichwal sobre o traballo do fotógrafo Edward Burtynsky. Nominado a mellor documental en 2008 FILM INDEPENDENT SPIRIT AWARDS.

A película céntrase nun recorrido por China fotografando os efectos da masiva revolución industrial do país. A presa máis grande do mundo e súas consecuencias, fábricas kilométricas, a renovación salvaxe urbanística de Shangai, a prehistórica forma de reciclar os residuos electrónicos dos que xa falamos aquí, a reciclaxe do metal dos petroleiros na India, etc.

Destacaría moi especialmente o tratamento do son de Peter Mettler así como o excelente traballo de Dan Driscoll coa música do documental.

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal