Hoxe anunciouse na páxina web de SINSALaudio a programación do Marco Sonoro’ 07. Un evento de grande interese, xa que está centrado na creación sonora dende galicia.
O netlabel de alg-a ten unha destacada representación, con Xesús Valle, Mequetrefe, Durán Vázquez, Manuela Barile, Madamme Cell e Miguel Prado, que publicará con nós no mes que vén.
Citamos dende a páxina de SINSALaudio:
A partir do 21 de setembro, MARCO e SINSALaudio poñen en marcha un ciclo de concertos de grupos e artistas galegos durante catro venres consecutivos, baixo o título ‘MARCO sonoro’. Os concertos e actuacións teñen un denominador común e son reflexo do uso xeralizado das novas ferramentas da comunicación, e de Internet como ventana aberta ao mundo. Unha dispersión xeográfica e apertura musical que están propiciando un escenario de gran creatividade e variedade, algo impensable só uns anos atrás. Aínda queda moito que reivindicar, pero de momento xa non hai que ir a Nova York para escoitar a John Cage ou a Suicide.
PROGRAMA:
venres 21de setembro. Especial AC. Fase
20.30 Roberto Mallo (A Coruña) _experimental
21.15 Miguel Prado (A Coruña) _experimental
venres 28 de setembro
20.20 Xesús Valle (Vigo) _electrónica dixital
21.00 Franc3s (A Coruña/Lugo) _rock contemporáneo
venres 5 de outubro
20.15 Mequetrefe (Lugo) _rock contemporáneo
20.50 Apenino (Santiago/Vigo) _pop electrónico
21.30 Les Telephones Rouges (O Grove) _rock contemporáneo
venres 12 de outubro. CONCERTO CLAUSURA. Especial Alg-a + Binaural
20.10 Durán Vázquez (Vigo) _electrónica
20.40 AC: Cecilia Blanco e Estela Ballesteros (Vigo) _contemporánea
21.10 Manuela Barile e Rui Costa (Italia/Portugal)_performance_electrónica
21.45 Madamme Cell (Vigo) _contemporánea
Quero mandar unha aperta a SINSAL...que serÃa dos nosos oidos sen vos!
AntÃa
ola !
quero invitaros a tod@s a performance de hoxe no MARCO