Maxia e realidade aumentada
venres, 1 de maio do 2009, por Berio Molina.

Dende Nova Iorque, o mago Marco Tempest vén de publicar na rede o video titulado Augmented Reality Magic 1.0, donde mostra diversos trucos de maxia baixo conceptos da realidade aumentada.

Augmented Reality Magic 1.0 from Marco Tempest on Vimeo.

A parte técnica de programación que permite xogar coa realidade aumentada foi feita por Zach Lieberman no entorno do Eyebeam de Nova Iorque e emprega a librería en c++ Openframeworks.

Si queredes máis información de como se fixo podedes consultala no foro de Openframeworks.

E si vos interesa a maxia, non vos perdades a asignatura magic++ que Zach Lieberman impartiu na Universidade Parson de Nova Iorque, donde mostra como facer algún truco.

Maxia e realidade aumentada

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina