MeigHacks 2011
martes, 11 de outubro do 2011, por Madamme Cell.

MeigHacks
HackMeeting 2011
CALL 4 NODES CHAMADA Á PARTICIPACIÓN v.1.0

..:: coñecemento | tecnoloxía | poder ::..
..:: compartir | construír | resistir ::..

21, 22 e 23 de Outubro de 2011, A Coruña, Galiza

http://sindominio.net/hackmeeting

información importante
====================================

* Que: Encontro Anual de Hacktivistas
* Onde e Cando: Do 21 ao 23 de Outubro no CSOA Palavea, A Coruña,
Galiza:
43.328289,-8.387449
* Data límite para propostas: 17 de Outubro ata as 00.00 Hawai time

intro
====================================

Este ano volven entrarnos as gañas de xuntarnos en torno ao que nos
motiva:
o hacktivismo, o ciberespazo, a cultura do software e o hardware
libres...
Un fin de semana autoxestionado no que compartir experiencias e
proxectos tecnopolíticos.

O HackMeeting componse dunha serie de nodos (obradoiros, charlas)
autónomos e entrelazados.
Calquera pode propor ou presentar un nodo.

Non hai unha idea preconcibida de que vai ser este hackmeeting. Hacking
e hacktivismo nun senso amplo:
hacking de máquinas e protocolos, pero tamén de códigos sociais e do
xeito de entender e usar a tecnoloxía.
Ven e comparte os teus hacks (informáticos ou non) de mentes e ideas
víricas.
Copyfight, redes distribuídas, hardware libre, inventos ou música,
debates ou obradoiros...
Ven e cóntao: propón o teu nodo! ou desexa un nodo.

temas
====================================

Aquí tes algunhas das liñas temáticas comúns nos últimos Hackmeeting:

===> Hack the Media <===
* Redes autoxestionadas.
* Mediactivismo Práctico.
* Privacidade e anonimato.
* Encriptación.
* Seguridade, redes.

===> NerdCore <===
* Criptografía, esteganografía
* Phreak, Hack, Crack
* Virus, intelixencia artificial, vida artificial, cibernética
* Electrónica, hardware libre, robótica.

===> HumanWare <===
* cultura/software/hardware libre
* copyright
* hacktivismo
* filosofía hacker
* cyberpunk
* Reality hacking, DIY, autoxestión

===> Softlibre para todas <===
* Como explicarlle GNU/Linux á túa aboa
* Programas libres: GNU/Linux, Debian, etc.

Como propor un nodo
====================================

Para propor un nodo para o próximo Hackmeeting, envía a proposta á lista
de correo (hackmeeting@listas.sindominio.net) incluíndo a etiqueta [nodo] no
asunto.

Se queres ver a evolución da túa proposta, podes ler as respostas que
xera a túa mensaxe no arquivo da lista, ou ben subscribíndote e participando
na asemblea telemática como unha máis:
https://listas.sindominio.net/mailman/listinfo/hackmeeting

Espera uns días (2-4) e se ninguén expresa ningún inconvinte, como é o habitual,
o seguinte paso e encher un pequeno formulario:
http://www.sindominio.net/hackmeeting/index.php?title=Especial:FormEdit/Nodos_2011

outras formas de participación
====================================

Outros xeitos de participación, aparte dos nodos de actividades (como
aportar material, participar nas asembleas, coordinar actividades, facer
streaming, traducións, etc.) son benvidas e necesarias. Para máis información e
coordinación a asemblea do Hackmeeting reúnese telemática e
permanentemente na lista de correo hackmeeting @ sindominio.net. Podedes subscribirvos
libremente, aínda que sexa só por ver como xestionamos o encontro e de
paso poder participar en calquera momento:
http://listas.sindominio.net/mailman/listinfo/hackmeeting

máis información
====================================

O primeiro Hackmeeting fíxose en Florencia o 1998, e desde entón fóronse
repetindo anualmente en Italia (a web http://hackmeeting.org recolle o
último HM celebrado en Italia e enlaces a todos os anteriores). O 2000
celebrouse o primeiro hackmeeting hispanoparlante en Barcelona e temos ido repetindo
o encontro todos os anos.

Para máis información, podédesnos escribir á lista de correo
hackmeeting@sindominio.net
ou visitar directamente a páxina web do hackmeeting:
http://sindominio.net/hackmeeting

Versión web do Call4Nodes:
http://sindominio.net/hackmeeting/index.php?title=2011/Call4Nodes

Enviar comentario
Comentarios
Categorías
Madamme Cell