Mequetrefe publica hoxe o traballo Playoff, facendo a referencia 56 no netlabel alg-a:

alg056 . Mequetrefe . Playoff

Este disco foi publicado anteriormente na compañía Dress for Excess en formato vinilo.

Republicamos polo tanto Playoff, que volve á casa alg-a onde publicou os seus anteriores traballos, baixo licenzas libres para que o disfrutedes plenamente.

En palabras dos autores:

Neste disco Mequetrefe siguen cultivando ese estilo tan personal de sicodelia-electrónica-shoegaze-dub. Seguindo o seu propio camiño, fora de modas e intentando desmontar clichés musicais a discreción, demostrando que non todo está inventado.


Mequetrefe Play Off

Enviar comentario
Comentarios
19 de decembro do 2010 08:58, por Moncho

Tentei baixar varias veces o novo disco de Mequetrefe, mais o ficheiro está danado. Podedes botarlle un ollo?

Graciñas.

Un saúdo dende a emigración.

19 de decembro do 2010 09:07, por Berio Molina

Vaia, tes razón!

Logo volvo a subilo que agora non teño boa conexión. Xa te aviso cando estea

Gracias polo toque!

Saúdos