Programa “MIGRANDO A Linux” por Olho Livre
SOLICITAR INSCRIPCIÓN NO OBRADOIRO
Xustificación: Insertados/as como estamos nunha sociedade do coñecemento facilitar a migración e adquisición de competencias básicas da tecnocultura audiovisual en software libre implica apostar pola liberdade de acceso ao coñecemento e pola redución da brecha dixital.
Destinatario/as: O curso está aberto a todo tipo de persoas con interese por coñecer e/ou migrar ao emprego de aplicacións de software libre. Como background previo requírese coñecementos de informática a nivel usuario/a.
Obxectivos:
1. O obxectivo xeral consiste en adquirir as competencias precisas para poder instalar e desenvolverse nun sistema operativo libre (ubuntu ou debian), coñecendo as vantaxes desta elección.
2. Para conseguir este obxectivo xeral poderiamos desglosar os seguintes obxectivos específicos:
‐ Familiarizarse co proceso de instalación da distribución correspondente, así como das diversas aplicacións.
‐ Coñecer as vantaxes e características diferenciais do software libre.
‐ Coñecer as aplicacións equivalentes ás que cada destinataria/empregábao en software privativo.
‐ Familiarizarse coa interface da aplicación de retoque fotográfico (GIMP) para redimensionar imaxes, mudar o modo de cor etc
‐ Familiarizarse coa interface dunha das aplicacións de edición de vídeo máis sinxelas para un nivel usuario/a: kdenlive.
‐ Familiarizarse coa interface dunha das aplicacións de edición de audio máis sinxelas para o nivel usuario/a: audacity.
‐ Coñecer mostras de traballos realizados en software libre para visualizar todas as posibilidades do sistema operativo.
Metodoloxía: A metodoloxía escolleita é eminentemente participativa e individualizada. Os contidos estrutúranse en bloques establecidos como un continuum:
‐ Un primeiro bloque no que instalaremos ubuntu e diversas aplicacións segundo as necesidades de cada destinatario/a: ferramentas de comunicación telemática (xchat, pidgin), telefonía IP (empathy, ekiga), paquete ofimático (OpenOffice), plugins para visualizar vídeos en plataformas audiovisuais, redes peer‐to‐peer etc.
‐ Un segundo bloque no que cada alumno/a terá que investigar nas interfaces que lle interesan, contando coa nosa tutorización. Comezaremos coas interfaces do GIMP, kdenlive e audacity para poder acometer retoques/traballos creativos a un nivel básico propio da alfabetización dixital.
‐ Un terceiro bloque no que falaremos das características diferenciais do software libre (mediante táboas comparativas etc), e mostraremos diversos traballos realizados en software libre para dar a coñecer todas as posibilidades do sistema operativo linux. O terceiro bloque vaise a combinar nas sesións cos outros dous. Mentres instalamos falaremos das características do software libre, mentres exploramos configuracións e interfaces mostraremos mostras de traballos etc
Bio
Olholivre é un conxunto de relacións biopolíticas ao redor dos procesos de produción semiótico‐artísticos, onde conflúen artistas, comunicadoras e activistas no fluxo da tecnocultura audiovisual, criando rizomas que xorden desde a base social para diversificarse en múltiples transversais. Olholivre existe en base ás liñas que nos conectan, como o desexo de produción comunitaria, o sofware libre como medio de produción, a lóxica autoformativa e para rematar a licenza copyleft. Esta elección nace da fonda crenza de que cada produción transcende a súa autoría en aras dunha sedimentación, dunha metamorfose evolutiva que constitúen o magma do desenvolvemento colectivo do procomún (ese común de saber que definen ás culturas).
info: http://olholivre.net