Vía chuza.org enterámonos de Modernista!, unha empresa de publicidade de Boston, que trala súa última reformación da páxina web, decidiron non complicarse máis a vida e construíla a base de terceiros.
É decir, construíron a súa páxina web a costa de webs 2.0 de servizo social. Así o seu sitio atópase exparcido baixo a identidade Modernista! en lugares como flickr, youtube, facebook, etc... De feito teñen a típica sección de info en wikipedia, e curiosamente calqueira pode modificar esa informarción dándolle ao botón editar (probade senón).
Páxina actual de Modernista!
Versión anterior da páxina
A idea resulta sorprendente non polo feito en si, xa que dalgunha forma todos estamos exparcidos e multiplicados en varias identidades 2.0, senón polo atrevemento dunha empresa a basar toda a súa información en sitios que non son da súa propiedade. É decir, podemos modificar a imaxe que queren dar da súa empresa na wikipedia, flirck pode decidir que non quere poñer máis fotos do usuario Modernista!, ou incluso pode ocurrir que a empresa 2.0 (youtube, por exemplo) peche (como pasou recentemente con fase6) e todo o contido se vaia a pique.
Comparade a usabilidade das dúas versións da páxina, a versión 6 en flash, é bonita e cun deseño moi traballado, pero pouco útil, cerrada e escura. A última versión 7, só ten deseñado un bruto menú de navegación (pero con moito estilo), e o resto atópase adaptado ás webs 2.0. A usabilidade é total, dada a familiaridade das interfaces como youtube ou flickr, e as posibilidades de navegación se multiplican, é aberta e luminosa.
Outra cousa a favor é que os custes de mantemento dun portal deste estilo son mínimos. Xa que todo o aloxamento de contidos está noutros servidores.
Sin duda unha liberación de prexuízos acerca da propiedade, e sin duda unha extratexia moi intelixente para ter unha grande visibilidade na rede.
Aves migratorias fornte cans de palleiro
Modernista!
Máis info en Juan Freire
MUITO BEM!!! *(^_^)* MOLA
Moi interesante en plan novas arquitecturas dixitais na rede, máximo rendemento da web 2.0!