A proposta dun Skate Park feito en pedra non podería vir doutro lugar que da Escola de Canteiros de Pontevedra. Adrián Otero, mestre canteiro e skater, fixo valer os seus coñecementos nas dúas disciplinas para facer o mobiliario urbano perfecto de calquer praza pública para os amantes do monopatín.
O pasado fin de semana, do 27 o 30 de Xullo, fíxose a curiosa inauguración das esculturas patinables nas instalacións da Escola. Neste artigo de DogwayMedia pódese ler sobre as impresións dalgúns dos skaters que probaron os monolitos de pedra.
E xa postos, pois anunciar a próxima edición de O’Marisquiño os días 10, 11 e 12 en Vigo.